Normas de réxime interno e condicións do aloxamento


  • O albergue é un establecemento destinado ao aloxamento de todo tipo de hóspedes.

  • O uso das instalacións e servizos do albergue estarán suxeitos a abonar as tarifas aprobadas pola dirección deste.

  • Os hóspedes menores de idade deberán de dispoñer de autorización para facer uso do albergue.

  • Os grupos de estudantes, asociacións, sociedades deportivas, etc. deberán contar con algún membro maior de idade, o cal será responsable do grupo.

  • A dirección do albergue realizará a distribución de liteiras para un maior aproveitamento do espazo.

  • No albergue está prohibido fumar, consumir bebidas alcohólicas ou calquera substancia prohibida.

  • Non se permite a entrada de mascotas.

  • Todos os hóspedes do albergue deberán coidar as normas sociais de convivencia e hixiene.

  • A habitación é para durmir, débese de respectar o descanso dos compañeiros e compañeiras.

  • O albergue non se fai responsable de posibles perdidas ou roubos.

  • Todo usuario deberá ter coidado coa conservación das instalacións e mobiliario deste. No caso de calquera dano deberá comunicalo á dirección e esta avaliará se ten algún tipo de consecuencia. En calquera caso, o hóspede que cause algún deterioro de mobles ou instalación responderá dos mesmos.

  • O servizo de lavandaría e secado está dispoñible para todos os usuarios (aconséllase lavar a roupa en grupos, para aforrar). Deberá solicitalo á dirección e abonar a tarifa establecida.

  • Cada hóspede disporá dunha liteira e armario individual. Ademais, contará cunha funda de almofada e unha funda de colchón. Será o usuario que teña que preparar a cama e retirar as fundas de colchón e almofada, depositándoos xunto coa toalla no contedor dispoñible.

  • O responsable do albergue poderá modificar ou variar as normas do servizo ou variar as condicións debido a calquera circunstancia que o aconselle, por urxencia ou causa maior.

  • O incumprimento destas normas pode ocasionar a expulsión do infractor.

  • Existen follas de reclamación á disposición dos hóspedes.